DÍA INTERNACIONAL DA RECICLAXE DE TELÉFONOS MÓBILES

O pasado 24 de xaneiro foi o día internacional da reciclaxe de teléfonos móbiles.
http://www.movilizateporlaselva.org/news/es_ES/2017/01/23/0001/24-de-enero-dia-internacional-del-reciclaje-de-telefonos-moviles
A escola leva varios anos colaborando na campaña do Instituto Jane Goodall (Mobilízate pola Selva) para axudar na recuperación do coltan, un mineral cuxa extracción ilegal provoca cruentos conflitos que afectan ás poboacións humanas locais así como á conservación do medio e protección de outras especies (caso dos chimpancés).

Dende o curso pasado somos oficialmente Centro de Recollida de Móbiles na cidade.

O pasado curso foi emotivamente abrumadora a gran implicación da nosa comunidade escolar, recompilando máis de 120 terminais estragados ou en desuso (recordade que no caso dos móbiles en desuso sempre é interesante, antes de reciclalo, buscarlle outro fogar no que poida ser de utilidade). Animámosvos a seguir colaborando!

A continuación deixamos enlace aos amadriñamentos simbólicos nos que participamos actualmente, en agradecemento á nosa colaboración na causa. En cada caso infórmannos sobre o estado da situación actual e dos diferentes proxectos que leva a cabo o Instituto en países coma o Congo ou Senegal (tamén podedes atopar esta información na entrada da escola, no recanto das Ciencias).

Lemba http://www.dropbox.com/s/vnewrf3wzt44xw4/Informe%20XIX%20Lemba.pdf?dl=0

Anzac http://www.dropbox.com/s/l3and9opjt4dacx/Informe%20XIX%20Anzac.pdf?dl=0

Kudia http://www.dropbox.com/s/d7c2mkluu27lr3o/Informe%20XIX%20Kudia.pdf?dl=0

Kauka  http://www.dropbox.com/s/rbp0n4kttdh0ksu/Informe%20XIX%20Kauka.pdf?dl=0

MOITAS GRAZAS A TOD@S por facer isto posible.

2 thoughts on “DÍA INTERNACIONAL DA RECICLAXE DE TELÉFONOS MÓBILES

  1. Pablo di:

    Paréceme que deberíamos de reciclar os móbiles e ter un pouco de cabeza xa que están morrendo
    chimpancés, pero nós non o vemos porque non nos interesa de onde veñan ou do que estean fabricados, e as empresas que os comercializan tampouco xa que non saben o que hai detrás.
    Pasa igual coa contaminación. Non hai ningún control sobre os verquidos ou da contaminación do aire por causa das metalurxias. Estamos deteriorando o noso planeta sen darnos conta. Deberíamos estar concienciados…

    Liked by 1 person

Deixar un comentario