Magia de la robótica

El pasado martes 4 de marzo, los alumnos de la asignatura de TIC de 4ºESO, 1º y 2º BACH participaron en un taller y concurso donde aprendieron los principios básicos de un robot con

This slideshow requires JavaScript.

Programando un robot para que se pare en la linea azul

Tenemos que dar las gracias a LOGONAUTAS por prestarnos un robot de LEGO MINDSTORMS EV3 con el que un grupo muy motivados de alumnos de la escuela pudo practicar los días previos al concurso.

Advertisements

Relato: Magnetismo diario – Paula Romero Jorge (6º A. Cunqueiro)

IMG_9526

O señor Blackburn sentou na mesa de mármore máis próxima ás enormes rúas de Nova York. Era un cliente fiel e sempre pedía o mesmo. E aínda que sabía o que ía pedir, pregunteille con formalidade – Que desexa esta mañá, Sr. Blackburn?

Unha vez máis non me fallou. Mentres, o meu compañeiro Andrew estaba atendendo á señora Winch. Marie Winch, unha señora moi amable, era unha clienta habitual. Estaba casada cun vizconde considerado un dos homes máis ricos da cidade. Aínda non conseguimos comprender por que ven a esta humilde cafetaría, puidendo ir a outras de máis sona, supoño que será para gardar as apariencias.

 

Despois dun largo día entrei na cociña. O vapor de auga invadía o ar. Pareceume moi relaxante nalgunha ocasión, se o día fora bo mesmo podías imaxinar que estabas no spa. Deixei o uniforme no armario que está ao carón da vitrocerámica e marchei. Esa tarde Andrew pecharía a porta. Os meus pasos escoitábanse na rúa, pois non había ninguén. Custaba imaxinar que unhas simples bailarinas puideran facer tanto ruido, aínda que así era como funcionaba o mundo. Nelson Mandela fixo moito ruído e ao final foi escoitado. Dende aquel momento decidín que loitaría por facer ruído, moito ruído porque este mundo necesita cambios tanto na ciencia, como na educación, como…

 

En Arabia, o meu país natal, as rúas eran enormes e sempre estaban cheas de xente de cores. Nada igualaba a sensación que tiñas ao pecorrer as rúas coa certeza de que cada día podía pasar algo interesante. Na Praza Maior sempre estaba Casmir, un científico xubilado un pouco miserento pero que co tempo acabas por gañarte. Grazas a el comezou a miña paixón pola ciencia. Cada átomo do corpo chamábame a atención, cada cromosoma nas células era o meu desafío. Estiven estudando moitísimo, polo que me deron unha bolsa para vir estudar aquí. Hai catro anos meu pai estaba vendo a televisión cando saíron unhas modelos estadounidenses moi fermosas. Miroume fixamente. Sabía o que quería dicir coa súa ollada, dicía; Sarih, faite modelo, e cando recades os suficiente cartos segue estudando. Moita xente dicíame que era unha beleza árabe, pois era miúda, tiña os ollos azuis e o cabelo castaño. Pero xamais quixen ser modelo, o meu carácter dicíame que só eran unhas perchas atraídas polo mundo da fama.

 

Chegei a casa, busquei as chaves e cinco minutos máis tarde atopeinas. A luz estaba apagada. Prendina e puxen o pixama. Metinme nas sabas frías que esperaba atopar a miña disfunción cerebral.

Ao día seguinte o irritante son do espertador avisoume, percorrín o corredor sen amoblar e a cálida luz reconfortoume. A cocina albergaba un pequeno microondas no que o leite soportaba a abafante calor até rendirse. Despois de almorzar baixei as escaleiras e a tenue luz agachaba o meu rostro. O bus chegara pontual, iso quería dicir que era venres. Ao chegaren á unversidade o flamante título vermello puña ”Instituto Courant de Ciencias Matemáticas”.  Abrín a porta e fun cara a sala máis próxima á dereita.

 

Sentei na sala e non apareceu o Sr. Sanders coma sempre, era un home de faccións sólidas e expresión acougada. Comezou coa súa presentación; o seu nome era James Mackansy. Os seus cabelos despeiteados deixaban ver os seus ollos mirando con severidade a aqueles dous sorrisos despistados.

-Basta! – berrou

Os meus músculos contraéronse.

 

-O magnetismo non só é teoría pero necesitamos sabela para a súa posta en práctica. Sostiña un libro na man e dixo que o escribira el.

 

– Hoxe de deberes tedes que buscar a relación da atracción do polo + e do polo -.

 

Decateime de que iso non o podía estudar, tiña que descubrilo por min mesma.

 

Cando saímos da clase, Andrew chamoume para dicirme que precisaban unha camareira para un meeting de xente importante, posto que a anterior escordara un pé.

 

– Como? En canto tempo… -respondín – deberían telo organizado xa hai dias.

– En media hora, se pode ser. Pagarían 400$ máis no salario – dixo Andrew case sen poder respirar.

 

Collín o bus e cheguei ao restaurante, puxen o mandil. Os señores xa estaban sentados e debatían unha cuestión de política. Cada un era máis diferente do outro, polo que puiden escoitar entre prato e prato.

De súpeto, decateime de que un dos homes era Rudolph Marcus, premiado co Nobel de Química pola súa teoría de reaccións de transferencia de electróns . Alí tamén se encontraban Christopher A.Sims e Peter Higgs, pero sen dúbida cada un de eles tiñan valores diferentes. Aínda que todos formaban o seu entorno eran polos distintos. Podería utilizalo para o proxecto de ciencia!

 

Un semana despois Mackansy dixo que o meu traballo era engaiolante. Todos aqueles laudeados fixéronme pensar que cada un somos o polo que queremos ser, somos distintos uns dos outros.

 

FIN

Paula Romero Jorge

 

Relato: A nena á que non lle deixaron escribir poesías – Pablo Chas Ribao (6º R. M. Aller)

IMG_9537.JPG

No ano 1815 naceu en Londres unha nena, filla de nobres, destinada a vivir no palacio real e a disfrutar de festas sen fin. Pensaron para ela un nome de princesa e chamárona Ada, pero cando tiña dous meses o seu pai, George Gordon Byron, divorciouse da nai, a fermosa Anne Isabella. Esta gardoulle sempre rancor, non soamente a el, senón tamén á literatura, posto que o seu oficio, o do pai, era poeta, un deses románticos un pouco tolos que estaban de moda nese tempo.

Dende moi cativa a Ada empezáronlle a interesar os números, cousa que facilitou o afán da nai por apartala da poesía e levala polo camiño das matemáticas. E así comezou a historia dunha rapaza destinada a ser unha importante, aínda que descoñecida para moitos, pioneira da informática.

A nai de Ada tiña moitos contactos e aproveitounos para educar nas ciencias á súa filla. Foi a súa mestra de matemáticas, Mary Somerville, quen na adolescencia púxoa en contacto cun importante personaxe da época, chamado Charles Babbage. Este ensinoulle a Ada a súa máquina diferencial, capaz de facer cálculos complexos,e, para a súa sorpresa, ela comprendeu á perfección o seu funcionamento.

Aínda que era moi nova, por entón xa estaba casada con William King-Noel, conde de Lovelace, e tivera tres fillos. Seguía escribindo, lendo e estudando. Un día, axudando a Babbage nos seus cálculos, introduciu neles as súas propias propostas e suxeriu empregar tarxetas troqueladas na máquina analítica. Sen case decatarse, estaba a crear unha linguaxe para entenderse coa máquina e ordenarlle facer cálculos complexos.

Desgraciadamente Ada King morreu moi nova por causa dun cancro e non tivo oportunidade de ver construída a máquina de Babbage, quen tampouco a viu rematada. Pero en certo modo, como pasa sempre cos que fan algo importante para a sociedade, a condesa Lovelace segue viva na linguaxe de programación que leva o seu nome e considérase unha precursora da informática. Aquela neniña do século XIX á que lle gustaban as estrelas, a música e os versos, non foi poeta porque a súa nai axudouna a entender outra maxia, a dos números, capaces de facernos comprender o mundo e de falar coa ciencia. Augusta Ada Byron King, que podería ser a protagonista dun conto, foi unha realidade que deberiamos lembrar para non ser inxustos co noso pasado.

 

Lord Paul

Olimpiada matemática

om 2016 con moto

El pasado jueves día 20 de abril cuatro representantes de nuestro centro participaron en la fase de zona de las olimpiadas matemáticas de 2ºESO que se celebró no IES do Castro. En la foto aparecen Marta Pastoriza, Aldara Suárez y Pablo Lastra, que junto con Álvaro Fonseca formaron el equipo que representó a nuestra escuela.

Tras estrujarse los sesos resolviendo 5 dificilísimos problemas, Marta y Aldara han conseguido clasificarse para la fase gallega de la Olimpiada que se celebrará el 19 de mayo en la ciudad de Lugo.  ¡¡¡Enhorabuena!!!

Participación CHEOPS ( Tu dibujo en una sonda espacial )

La misión CHEOPS (CHaracterizing ExOPlanet Satellite) es la primera misión de tipo S (Small) de ESA y  su objetivo es identificar y medir radios y densidades de exoplanetas con alta precisión mediante tránsitos. Su lanzamiento al espacio está previsto para diciembre de 2017. La participación española es significativa, tanto en el ámbito científico a través de investigadores de diversas instituciones (IEEC, CSIC, IAC, INTA), como mediante la construcción de la plataforma por parte de Airbus Defence and Space en España.

Nos dirigimos a vosotros para compartir una iniciativa relacionada con CHEOPS y que creemos que resulta especialmente interesante. Unos 3.000 dibujos realizados por niños europeos serán grabados en forma miniaturizada en una pequeña placa adherida a la sonda y lanzada al espacio. 250 de los dibujos corresponderán a niños españoles.
El concurso de dibujos es una iniciativa de la Agencia Espacial Europea, que quiere acercar los proyectos de desarrollo espacial a los más pequeños, y en España cuenta con la colaboración del IEEC, el CSIC y el IAC.
Para participar en esta iniciativa es necesario tener entre 8 y 14 años y que los
dibujos tengan unas características concretas: tener relación con el espacio y estar hechos en blanco y negro, ya que es la única manera de que puedan ser grabados.
Además, los diseños se deben presentar en una plantilla, que se puede descargar en:
<http://www.cheops.es/>.

En esta web se encuentra toda la información sobre el concurso. El plazo para presentar los trabajos finaliza el 20 de octubre. Después de esa fecha se realizará un sorteo para seleccionar los 250 dibujos que serán enviados a ESA para su grabación en la placa.

Estamos seguros de que será una excelente forma de despertar interés y
vocación entre los más jóvenes.

Saludos,

Concurso “Ciencia que Conta 2014”: os relatos d@s nos@s compañeir@s xa están publicados!

logo1

 

 

 

Xa se publicaron os relatos dos 4 alumn@s finalistas de 1º e 2º da ESO que participaran no concurso de relatos científicos “Ciencia que Conta”.  É un orgullo. Unha vez máis: parabéns pola vosa adicación e traballo.

Podedes acceder aos seus relatos no seguinte enlace:

http://www.cienciaqueconta.com/wp-content/uploads/2015/04/CienciaQueConta2014-2.pdf

Daniel León Nava (1ºA ESO):  “Megalodón” (páx. 40)

Iliana Durán Alonso (1ºB ESO):  “Recordos en papel” (páx. 49)

Omar García Fernández (2ºA ESO):  “Unha carreira a morte pola vida” (páx. 59)

Sofía Santiago López (2ºA ESO): “Un cambio de aires” (páx. 63)

cqc2014