Palabras de Jane Goodall en Madrid

Conferencia en Madrid de Jane Goodall: grande muller e investigadora de cuxas palabras, e exemplo, nunca deixaremos de aprender.

Mentres na Escola seguimos adiante, aportando o noso gran de area, coa campaña “Mobilízate pola Selva”.

Coñezamos ben a súa historia:

Advertisements
Imaxe

Enrolados no Proxecto Ríos

Comzamos a identificar macroinvertebrados!

Hoxe, un grupo de @s alumn@s de 1º ESO disfrutaron dunha bela saída ao río Eifonso, na que puideron desenvolver un completo traballo de campo. A outra clase farana máis adiante.

Foi unha saída especial xa que con ela inicamos o noso compromiso como Escola colaboradora no Proxecto Ríos: programa de estudo e conservación dos ríos galegos, promovido pola asociación ecoloxista ADEGA.

Para poder valorar cal é a calidade das augas do río e da contorna do Eifonso, fixemos un interesante estudo baseado sobre todo en:

  • estudo de macroinvertebrados
  • observación de especies exóticas invasoras: tradescantia e acacia negra.
  • análise físico-químico das augas do río

En adiante, faremos un par de mostraxes anuais por curso, unha en Outono e outra en Primavera, para aportar os datos recollidos a ADEGA e poder así avaliar e valorar como evoluciona a calidade de vida neste ecosistema.

Os rapaces puideron pór en práctica unha morea de coñecementos aprendidos ao longo do curso, especialmente os relacionados cos diferentes reinos da vida e os temas de ecoloxía. E, en verdade, demostraron estar á altura! Así que parabéns pola boa aprendizaxe.

Os macroinvertebrados, ao igual que os liques, anfibios ou determinadas especies de aves, son bos bioindicadores, polo que o seu estudo resulta de gran interese para interpretar a calidade de vida do noso medio.

@s alumn@s quedaron abraiados coa grande biodiversidade de pequenos e curiosos seres que fan a súa vida no leito e beiras do río.  Un fervedoiro de vida esperáballes: ninfas de odonato (futuras libélulas), de efémeras (futuras moscas de Maio), de tricópteros e as súas especiais “casas” (mosca peluda), larvas de dípteros (moscas), oligoquetos, hirudíneos (sambesugas), etc. Incluso tivemos o privilexio de observar unha delicada larva de píntega!

En canto aos parámetros físico-químicos, puidemos analizar, con diferentes reactivos, o pH da auga, a cantidade de O2 disolto (fundamental para o desenvolvemento da vida) e cantidade de nitratos (indicadores de contaminación orgánica das augas).

A conclusión da mostraxe foi que as augas do Einfonso son MOI BOAS en canto a calidade se refire. Atopamos un importante número de especies delicadas á contaminación e esixentes en canto a cantidade de O2 disolto se refire. O nivel de nitratos foi  baixo.

Non nos sobrou moito tempo! Mais despois do traballo científico aproveitamos para percorrer a senda do río e facer algunhas paradas para identificar algunha especie vexetal coas claves dicotómicas, e interpretar algunha curiosidade do entorno natural.

Sen lugar a dúbidas, foi unha experiencia inesquecible!

Estaremos encantados de continuar con este proxecto. Grazas a Paco Bañobre, de ADEGA, por ensinarnos e acompañarnos nesta 1ª saída!

 

This slideshow requires JavaScript.

ANZAC

MOBILÍZATE POLA SELVA

Chegou o día! Como recompensa á solidariedade e bon facer, fomos agasallados coa posibilidade de ser, gratuitamente durante un ano, ChimpAmig@s de Anzac, unha chimpancé rescatada que como ben sabedes  vive no Centro de Rehabilitación do Instituto Jane Goodall no Congo.

Tras a visita de Amanda, reactivouse intensamente a recollida de móbiles: houbo alumn@s que fixeron incluso, por iniciativa propia, recollidas na súa veciñanza  ou lugar de traballo dos pais/nais… parabéns por coller as rendas da situación!

Hoxe mesmo comprobamos que xa hai máis de 60 móbiles na caixa da entrada: en breve, comezaremos cos trámites para amadriñar a outr@s  2  amig@s chimpas de Tchimpounga.

Recordade que é importante que os móbiles xa non sirvan. Sempre é mellor optar 1º por reutilizalos (ex: agasallalos a alguén que o precise), e xa logo cando deixen de funcionar reciclalos.

“Un gran abrazo, en nome dos chimpancés e de todos os beneficiarios dos proxectos en África.
Equipo do Instituto Jane Goodall “

www.janegoodall.es
www.movilizateporlaselva.org

Velaí vai o noso certificado:

Anzac_amadriñ1

Anzac_amadriñ2

Blog-reportaxe sobre a compostaxe escolar, por Nacho Cagiao

 IMG_2389“Non hai descanso para o ecoloxismo”

Xa volve empezar un novo curso na nosa escola e á vez comezan os exames, as tardes cheas de deberes e os madrugóns. Pero tamén volve comezar a nosa labor de axudar á Natureza, porque este proxecto, co que xa levamos uns anos, vólvese a poñer en pé  e vai pisando forte.

Os alumnos da ESO xa están a colaborar, axudando na súa tarefa principal no proxecto ecolóxico escolar de COMPOSTAXE. E cal é a nosa labor? Moi fácil: como xa saberedes a escola ten una pequena horta ecolóxica, o que quere dicir que non se utilizan fertilizantes artificiais ou químicos, que poidan prexudicar os alimentos ou ao seu entorno. Por iso, para que as nosas plantas medren sas e con forza, necesitamos utilizar algún fertilizante natural, como o é o abono… E aquí é onde interveñen os alumnos da escola, pois para obtelo temos que seguir un pequeno proceso no que todos participamos.

O abono conseguímolo dos restos orgánicos das merendas de media mañá dos nenos e nenas de Educación Infantil, que son recollidos polos alumnos da ESO tres veces á semana e levados aos composteiros: dous cubos onde se descompoñen os restos xa comentados anteriormente.

Pero non son iguais ambos composteiros… Primeiro temos o que directamente chamamos ”composteiro”, sen máis, que é onde a materia orgánica pasa a ser abono co paso do tempo. E despois está o “vermicomposteiro” onde os restos da merenda son descompostos e transformados en fertilizante coa axuda de vermes, de aí o seu nome. Estes non só fan máis rápido o proceso, senón que coas súas feces se consegue un abono mellor e máis rico en nutrientes para a horta.

Persoalmente, como alumno da ESO que son, teño que afirmar que esta non é a tarefa máis bonita ou divertida que poida realizar, pero o que si podo dicir é que paga a pena o pequeno esforzo que todos facemos polo gran produto final que obtemos.

Grazas ao compost que xeramos na Escola as verduras e hortalizas medran con forza. Ademais, este alimento logo é ofrecido a comedores sociais da cidade para axudar un pouquiño ás persoas máis desfavorecidas… e iso supera calquera cousa!

IMG_2391

Farmacia Natural: proxecto fin de curso

O traballo comezado en Abril chegou á súa fin: as plantas xa están a ser coidadas nos fogares dos seus pais/nais adoptiv@s e xa temos os mini-documentais nos que @s nos@s alumn@s colaboran para explicarnos as propiedades medicinais e usos terapéuticos das 23 especies vexetais e contarnos diversas curiosidades sobre estas.

 Foi unha nova experiencia, e a pesares dos nervios que nos asaltaban á hora de falar ante a cámara, entre tod@s fixemos un gran traballo: parabéns!

This slideshow requires JavaScript.

 

MINI-DOCUMENTAIS (pinchar sobre o texto para acceder ao vídeo):

ALFÁBEGA: por Pablo Lastra e Iliana Durán

ANÍS: por Alba Alonso e Sara Pérez

ARTEMISA: por Samuel Hermida e Carla Rodríguez

CEBOLIÑO: por Carlota Cid & Álex Poch e  Antón Cid

COANDRO (cilantro): por Andrea Verísimo e Diego Sánchez

DENTE DE LEÓN: por Mateo Gallego, Paula Mateo e Miguel Sánchez

EQUINÁCEA: por Pablo Bargés e Miguel Lestón

ESTEVIA: por Aldara Suárez e Álvaro Fonseca

ESTRAGÓN: por Alejandro Rodríguez e Enrique Lagos

ESTRUGA: Ana Crespán e Samuel Delgado

FIÚNCHO: Paula Bermúdez & Marcial Medela, Rodrigo Gómez e Isaiah Comesaña

HISOPO: por Alba Seijo & Antón Rumbo e Inés Fernández

LAVANDA: por Samuel Sotelo e Oliver Comesaña & Martín Ubeira

LOUREIRO: por Andrés Bernárdez e Uxía Pousa

MACELA: por Germán Sanmartín e Erín Díaz

MAIORANA: por Nacho Cagiao e Carlos A. Pluchino & Álvaro Vázquez

MELISA: por Javi Sánchez e Yago Sánchez

MENTA: por Lucía Sánchez e Ainoa Suárez

OUREGO: por Carla González e Susi Peteiro

ROMEIRO: por Judit González e Álvaro Pérez

SALVIA: por Enrique Otero e Marta Comesaña

TOMIÑO: por Anxo Muñiz & Julia Gómez

VERBENA: por Ángel González e Marta Pastoriza

Esperamos que vos guste o proxecto e aprendades moito da man dos nosos cativos!

Grazas aos profes Emilio e Jose Javier por axudarnos e deixarnos as súas cámaras e a Almudena pola súa axuda e apoio.

Nós por este curso despedímonos:

_MG_9858

SELFIE de 1º A

_MG_9891

SELFIE de 1º B

Good hygiene

En el área de Natural Science, en 3º de E.P., estamos trabajando sobre cómo cuidar nuestra salud. Anteriormente aprendimos a buscar en las etiquetas de la comida los nutrientes que necesitamos para tener una buena dieta equilibrada. Hoy quisimos profundizar un poco más respecto a algunos hábitos de higiene que nos ayudan a mantener un buen estado de salud. Y para ello contamos con la generosa ayuda de Almudena Rivas, que ha puesto al servicio de los niños sus conocimientos farmacéuticos y a la que agradecemos además el esfuerzo de hacerlo en inglés.

IMG_0004

Con ella hemos repasado cómo mantener una buena higiene bucodental. Hemos hablado de cepillos, pasta de dientes y enjuagues bucales (toothbrush, toothpaste and mouthwash). También hemos revisado las causas por las que es necesario cepillarse los dientes tras cada comida, así como la técnica más recomendable para ello.

Por otra parte, Almudena nos hizo reflexionar sobre uno de los problemas de salud más habituales durante la infancia: los piojos (louse-lice)

piojo

Sobre estos animalitos poco deseables hay mucha leyenda urbana, pero la ciencia nos ayuda a saber qué hay de cierto en cada una de las afirmaciones y miedos que hay sobre ellos. Por ejemplo, a muchos niños les ha sorprendido descubrir que estos insectos no saltan y que se desplazan por los pelos como Tarzán en la selva, gracias a sus ganchos para agarrarse (grasping hooks). Se sorprendieron también de que los piojos vayan principalmente a pelos limpios y, por tanto, sea infundado pensar que alguien que tiene piojos se deba a falta de limpieza. Fue una sorpresa aprender que a estos insectos sea muy complicado matarlos por ahogamiento con agua porque aguantan mucho tiempo la respiración debajo del agua. Muchos han descubierto hoy una nueva razón por la que se lleva gorro en las piscinas. Pocos pensaban que no hay peligro en jugar con niños o niñas que tengan piojos, siempre que no junten las cabezas o compartan gorras, pinzas del pelo, etc. Esos hábitos de higiene son los que evitarán que estos pequeños bichillos lleguen fácilmente a nuestras cabezas y se alimenten de nuestra sangre.

Finalmente, revisamos qué hacer en caso de que tengamos piojos o liendres (mit) y le dimos las gracias a Almudena por haber compartido sus conocimientos con nosotros.

IMG_0002 IMG_0003

Charla na Farmacia Natural: Evolución da FITOTERAPIA ao longo da historia, por ALMUDENA RIVAS SEBE

A pasada semana completamos a nosa experiencia dentro do proxecto “Farmacia Natural” cunha magnífica charla sobre fitoterapia impartida por unha das nosas nais, Almudena Rivas (farmacéutica).

Xunto con ela viaxamos, empregando unha máquina do tempo, polas diversas culturas que cultivaron o estudo das propiedades medicinais de diversas plantas así como o seu uso: dende os exipcios até os tempos modernos.

maq tempo

Ademais de viaxar ao través do tempo, tamén puidemos observar ben de cerca e tocar diferentes útiles, como os albarelos onde se gardaban as plantas, os morteiros onde se machucaban ou os alambiques onde se destilaban. Pero non só quedou niso, tamén traballamos o olfacto: ulimos varios recipientes con macela, anís estrelado, anís verde, estevia, valeriana, etc…  E esta última non deixou a ninguén indiferente, que intensa se volveu de súpeto a atmosfera!

Foi unha bela experiencia para todos nós: grazas Almudena! 

This slideshow requires JavaScript.

Por este ano xa pechamos a nosa farmacia particular. Na Escola xa vai demasiada calor , así que é tempo de que as plantas viaxen aos fogares dos seus pequenos pais e nais adoptiv@s para continuar cos seus coidados. Bo traballo, rapaces!

En breves, saíran á luz os documentais realizados pol@s nos@s alumn@s sobre a historia e propiedades medicinais das 23 especies traballadas.