Proxecto Ríos: mostraxe de primavera

Neste pasado mes de Maio, as dúas clases de 1º ESO puidemos realizar unha bela saída ao río Eifonso, para colaborar un ano máis coa xente da asociación ecoloxista ADEGA ao través de “Proxecto Ríos” (programa de estudo e conservación dos ríos galegos).

En outono fixemos a mostraxe cos alumn@s de 2º ESO, mais esta nova quenda de primavera estaba destinada @s alumn@s de 1º ESO!

Nas beiras do Eifonso, ademais de gozar dun día de clase no propio medio natural, afastados das habituais paredes, @s nos@s alumn@s puideron desenvolver un completo traballo de campo para valorar o nivel de calidade das augas do río e da contorna. Coma as veces anteriores fixemos un interesante estudo baseado sobre todo en:

  • estudo de macroinvertebrados
  • observación de especies exóticas invasoras: TradescantiaAcacia melanoxylon, calas, etc.
  • análise físico-químico das augas do río
  • observación de impactos medioambientais (estradas, lixo, etc.)

Os macroinvertebrados, ao igual que os liques, anfibios ou determinadas especies de aves, son bos bioindicadores, polo que o seu estudo resulta de gran interese para interpretar a calidade de vida do noso medio.

@s alumn@s quedaron sorprendidos coa grande biodiversidade de pequenos e curiosos seres que fan a súa vida no leito e beiras do río. Un fervedoiro de vida agochada esperáballes: ninfas de odonato (futuras libélulas), de efémeras (futuras moscas de Maio), de tricópteros (moscas peludas) coas súas especiais “casas”,  larvas de dípteros (moscas), oligoquetos, hirudíneos (sambesugas), etc. Incluso tivemos o privilexio de observar unha gran cantidade de cágados e xuvenís de varios anfibios! Realmente incrible. 

En canto aos parámetros físico-químicos, puidemos analizar, con diferentes reactivos, o pH da auga, a cantidade de O2 disolto (fundamental para o desenvolvemento da vida) e a cantidade de nitratos (indicadores de contaminación orgánica das augas). Tamén medimos a Tª e transparencia da auga.

En ambas saídas, a conclusión da mostraxe foi que as augas do Einfonso son de MOI BOA CALIDADE. Atopamos un importante número de especies sensibles á contaminación e esixentes en canto á cantidade de O2 disolto nas augas se refire para a súa supervivencia.

Despois do traballo científico de campo, e dun tempo de lecer no río, aproveitamos para percorrer parte da senda do río e facer algunhas paradas para identificar algunha especie vexetal coas claves dicotómicas, escoitar aves, visitar muíños ou interpretar algunha curiosidade do entorno natural.

Sen lugar a dúbidas foi, unha vez máis, unha experiencia inesquecible!

O próximo curso, os mesmos grupos poderán voltar ao Eifonso para realizar as mostraxes de outono… cambiarán moito os resultados? Os resultados do traballo de campo dirán…

Agora tócavos a vós compartir a vivenvia ao través dos comentarios:

  • Fai unha pequena listaxe coas 5 aprendizaxes máis salientables.
  • Que grupos de seres vivos recordas ter visto? (nomes das familias?) Cales foron os que máis te chamaron a atención e por que?
  • Valora a saída (do 1 ao 10). Argumenta a túa resposta.
Advertisements

Xabón reciclado feito na escola para lavar os mandilóns!

IMG_5533

Na escola seguimos facendo equipo! Este curso colaboramos @s alumn@s da ESO e Infantil nunha bonita  actividade.

Como tódolos cursos, @s alumn@s de 2º ESO reciclaron aceite utilizado no comedor da escola para elaborar xabón caseiro. Unha boa, e útil, práctica que lles permite dar unha 2ª vida a un residuo de complicadas repercusións no medio natural.

Esta vez empregamos esencia de coco e de sándalo.

 

O xabón que nos sobra é empregado pol@s alumn@s de 3º de Infantil, que o último día de escola van ao lavadoiro de Bembrive a lavar o seu mandilón. Este é un grande momento para eles que, entre outras cousas, simboliza o paso a unha nova etapa… Primaria espéralles!

Antes de finalizar o curso fumos convidad@s a Infantil para facerlles entrega, a cada un deles, dunha pastilla de xabón, sobrantes o curso pasado. Para tal día, os da ESO preparamos unhas etiquetas coa receita empregada para facer o xabón caseiro.

Foi un gran momento que peques e non tan peques gozaron!

This slideshow requires JavaScript.

Saída 1º ESO: intermareal rochoso

Hoxe @s alumn@s de 1º ESO realizaron unha saída ao intermareal da costa de A Garda para analizar a biodiversidade e algo da xeomorfoloxía do lugar.

Para iso contamos coa axuda de Agustín de ANABAM, Asociación Naturalista do Baixo Miño: moitas grazas.

@s alumn@s disfrutaron doutra xornada de clase no medio natural!:

  • Ciclos das mareas.
  • Impactos medio-ambientais derivados da actividade humana: golfiño morto por enmallado.
  • Uso de cetarias.
  • Especies exóticas invasoras: uña de gato.
  • Flora autóctona e de uso tradicional: pirixel de mar, herba de namorar…
  • Xeomorfoloxía: seixos de gran antigüidade, xistos, granitos…

Como non pode ser doutro xeito, foi  moi gratificante estar no medio natural, reforzando aprendizaxes e accedendo a novos coñecementos.

 

This slideshow requires JavaScript.

Patrulla verde en acción: a compostaxe na escola

O curso remata pero as patrullas verdes seguen, incansables, co seu bo facer.

O pasado venres o equipo de 2º ESO, que traballa voluntariamente para promover a campaña de compostaxe, deu unha charla educativa en 6ºB Primaria. E hoxe, o outro equipo fixo a súa intervención en 6ºA.

Na charla repasaron conceptos de interese: compostaxe, vermicompostaxe, ciclo da materia, produtos que se poden e non se poden botar aos composteiros, etc. Pero, se cadra, o máis importante é a labor de concienciación que fan e a solidariedade que sementan coas súas charlas e o seu propio exemplo, pois estas actividades as realizan de xeito altruista.

Bravo unha vez máis polo bo e xeneroso facer!

This slideshow requires JavaScript.