Saída a SOTAVENTO: enerxías renovables!

This slideshow requires JavaScript.

Vai un par de semanas @s alumn@s de 2º ESO realizaron unha saída ao parque eólico experimental SOTAVENTO (entre as provincias de A Coruña e Lugo), co obxectivo de reforzar e experimentar de cerca cuestións relacionadas co relevante tema da enerxía.

Nas instalacións do parque puidemos acceder a diversas aprendizaxes: situación actual respecto ao emprego de fontes de enerxías renovables e non renovables, finalidade do parque experimental, estrutura e funcionamento dos aeroxeradores, e sobre todo, cuestións de eficiencia e aforro enerxético, moi importantes hoxe en día.

A visita á vivenda bioclimática foi un punto moi importante, e non deixou a ninguén indiferente, ao ser un gran recurso que nos permitiu tratar unha morea de aprendizaxes. Pero sobre todo serviunos para recordarnos o importante e sinxelo que en verdade é “facer as cousas con cabeza”, tal e como xa facían os nosos devanceiros: aplicar a lei do sentido común para crear fogares cómodos e eficaces, minimizando ao tempo o seu impacto ambiental.

Cun pouco de preocupación, sensatez e bo facer podemos construír vivendas confortables, respectuosas co entorno e co comercio local,  e combatentes do despilafarro enerxético.

Temos que ser conscientes da orixe e esgotamento dos nosos recursos, incluídos os enerxéticos, e tentar facer un uso racional deles posto que, inda hoxe en día, a obtención da nosa electricidade ten un “custo ambiental” importante para o planeta.

Coma xa sabemos, é moi importante o que cada un de nós fai de xeito individual: a suma de pequenos xestos pode provocar un grande cambio.

Así que compartamos impresións e aprendizaxes adquiridas!:

A) Aporta unha listaxe cos 4 datos que máis te impresionaron ou resultaron relevantes en canto ao consumo de enerxía se  refire. 

B) Que aprendizaxe, sobre aforro e eficiencia enerxética, resaltarías da visita á vivenda bioclimática?

C) Pasamos á acción!   Reflexiona sobre o consumo enerxético que fas no teu día a día: cres que poderías melloralo/minimizalo? En que modo?

D) En xeral, que te pareceu a visita? Valora do 1 ao 10 e argumenta a túa resposta.

Advertisements

Xabón reciclado feito na escola para lavar os mandilóns!

IMG_5533

Na escola seguimos facendo equipo! Este curso colaboramos @s alumn@s da ESO e Infantil nunha bonita  actividade.

Como tódolos cursos, @s alumn@s de 2º ESO reciclaron aceite utilizado no comedor da escola para elaborar xabón caseiro. Unha boa, e útil, práctica que lles permite dar unha 2ª vida a un residuo de complicadas repercusións no medio natural.

Esta vez empregamos esencia de coco e de sándalo.

 

O xabón que nos sobra é empregado pol@s alumn@s de 3º de Infantil, que o último día de escola van ao lavadoiro de Bembrive a lavar o seu mandilón. Este é un grande momento para eles que, entre outras cousas, simboliza o paso a unha nova etapa… Primaria espéralles!

Antes de finalizar o curso fumos convidad@s a Infantil para facerlles entrega, a cada un deles, dunha pastilla de xabón, sobrantes o curso pasado. Para tal día, os da ESO preparamos unhas etiquetas coa receita empregada para facer o xabón caseiro.

Foi un gran momento que peques e non tan peques gozaron!

This slideshow requires JavaScript.

Patrulla verde en acción: a compostaxe na escola

O curso remata pero as patrullas verdes seguen, incansables, co seu bo facer.

O pasado venres o equipo de 2º ESO, que traballa voluntariamente para promover a campaña de compostaxe, deu unha charla educativa en 6ºB Primaria. E hoxe, o outro equipo fixo a súa intervención en 6ºA.

Na charla repasaron conceptos de interese: compostaxe, vermicompostaxe, ciclo da materia, produtos que se poden e non se poden botar aos composteiros, etc. Pero, se cadra, o máis importante é a labor de concienciación que fan e a solidariedade que sementan coas súas charlas e o seu propio exemplo, pois estas actividades as realizan de xeito altruista.

Bravo unha vez máis polo bo e xeneroso facer!

This slideshow requires JavaScript.

Primeiras noticias dende Tchimpounga!

O 1º informe envíado dende a reserva de Tchimpounga (Congo) xa está colgado no “Rincón da Ciencia”, na entrada da Escola.

Nel, @s amig@s do Instituto Jane Goodall, cóntannos como se atopa Anzac, a nosa peque amadriñada na reserva.

Tamén nos informan sobre  a multitude de proxectos que están a desenvolver de xeito local.

A día de hoxe xa están tramitados outros 3 amadriñamentos, tras facer o envío doutros 90 móbiles que entre tod@s recollimos: parabéns! Polo que proximamente nos chegarán as cartas sobre o estado e evolución de Kauka, Kudia e Lemba. A familia do Rosalía de Castro non para de medrar: moitas grazas a tod@s por ser tan proactiv@s e estar tan concienciad@s.

Non deixedes de consultar a carta que nos enviaron! Na propia entrada da escola ou a través do seguinte enlace (pinchar na imaxe):

Portada Chimpa

Unha grande mostra de solidariedade

A Escola unha vez máis amosa grande implicación e solidariedade na loita contras as inxustizas.

Tras a charla que nos ofreceu Amanda (https://rosaliaconciencia.wordpress.com/2016/01/12/instituto-jane-goodall-charla-de-amanda-voluntaria-en-senegal/)moitas conciencias se reactivaron e case dobramos a cantidade de móbiles en desuso  recollidos na caixa da entrada de escola:

MOITAS GRAZAS A TOD@S!

A

Recentemente enviamos unha nova partida de 90 móbiles aos nosos amigos de “Mobilízate Pola Selva”, polo que en breve, en agradecemento pola reciclaxe do coltan, nos permitirán manter un vínculo máis persoal con outr@s 3 chimpancés do centro de recuperación de Tchimpounga (Congo).

A día de hoxe a Escola é madriña da pequena Anzac (https://rosaliaconciencia.wordpress.com/2016/01/20/anzac/). Mais dentro de pouco a nosa familia medrará. E esperamos que así continúe, pois será grande mostra do espírito loitador dos integrantes desta Escola.

E seica ben sabemos que as pequenas accións posúen moito valor  e poden xerar grandes cambios. Entre tod@s podemos.

 B

ANZAC

MOBILÍZATE POLA SELVA

Chegou o día! Como recompensa á solidariedade e bon facer, fomos agasallados coa posibilidade de ser, gratuitamente durante un ano, ChimpAmig@s de Anzac, unha chimpancé rescatada que como ben sabedes  vive no Centro de Rehabilitación do Instituto Jane Goodall no Congo.

Tras a visita de Amanda, reactivouse intensamente a recollida de móbiles: houbo alumn@s que fixeron incluso, por iniciativa propia, recollidas na súa veciñanza  ou lugar de traballo dos pais/nais… parabéns por coller as rendas da situación!

Hoxe mesmo comprobamos que xa hai máis de 60 móbiles na caixa da entrada: en breve, comezaremos cos trámites para amadriñar a outr@s  2  amig@s chimpas de Tchimpounga.

Recordade que é importante que os móbiles xa non sirvan. Sempre é mellor optar 1º por reutilizalos (ex: agasallalos a alguén que o precise), e xa logo cando deixen de funcionar reciclalos.

“Un gran abrazo, en nome dos chimpancés e de todos os beneficiarios dos proxectos en África.
Equipo do Instituto Jane Goodall “

www.janegoodall.es
www.movilizateporlaselva.org

Velaí vai o noso certificado:

Anzac_amadriñ1

Anzac_amadriñ2