Saída a SOTAVENTO: enerxías renovables!

O pase de diapositivas require JavaScript.

Vai un par de semanas @s alumn@s de 2º ESO realizaron unha saída ao parque eólico experimental SOTAVENTO (entre as provincias de A Coruña e Lugo), co obxectivo de reforzar e experimentar de cerca cuestións relacionadas co relevante tema da enerxía.

Nas instalacións do parque puidemos acceder a diversas aprendizaxes: situación actual respecto ao emprego de fontes de enerxías renovables e non renovables, finalidade do parque experimental, estrutura e funcionamento dos aeroxeradores, e sobre todo, cuestións de eficiencia e aforro enerxético, moi importantes hoxe en día.

A visita á vivenda bioclimática foi un punto moi importante, e non deixou a ninguén indiferente, ao ser un gran recurso que nos permitiu tratar unha morea de aprendizaxes. Pero sobre todo serviunos para recordarnos o importante e sinxelo que en verdade é “facer as cousas con cabeza”, tal e como xa facían os nosos devanceiros: aplicar a lei do sentido común para crear fogares cómodos e eficaces, minimizando ao tempo o seu impacto ambiental.

Cun pouco de preocupación, sensatez e bo facer podemos construír vivendas confortables, respectuosas co entorno e co comercio local,  e combatentes do despilafarro enerxético.

Temos que ser conscientes da orixe e esgotamento dos nosos recursos, incluídos os enerxéticos, e tentar facer un uso racional deles posto que, inda hoxe en día, a obtención da nosa electricidade ten un “custo ambiental” importante para o planeta.

Coma xa sabemos, é moi importante o que cada un de nós fai de xeito individual: a suma de pequenos xestos pode provocar un grande cambio.

Así que compartamos impresións e aprendizaxes adquiridas!:

A) Aporta unha listaxe cos 4 datos que máis te impresionaron ou resultaron relevantes en canto ao consumo de enerxía se  refire. 

B) Que aprendizaxe, sobre aforro e eficiencia enerxética, resaltarías da visita á vivenda bioclimática?

C) Pasamos á acción!   Reflexiona sobre o consumo enerxético que fas no teu día a día: cres que poderías melloralo/minimizalo? En que modo?

D) En xeral, que te pareceu a visita? Valora do 1 ao 10 e argumenta a túa resposta.

27 thoughts on “Saída a SOTAVENTO: enerxías renovables!

  1. Carmen di:

    A saida pareceume moi interesante porque aprendín cousas que antes de ir alí non sabía, como que as casas podían ser bioclimáticas para aproveitar a enerxía do seu arredor, que había fermentes tipos de aereoxeradores os barlovento e os sotavento, que o primeiro muíño foi no ano 600 ac, e que os aereoxeradores tiñan diferentes partes.
    O que resaltaría da vivenda bioclimatica é que coas cousas coas que está feita é capaz de autoabastecerse sen contaminar.
    Eu si que podería mellorar o meu consumo enerxético, porque moitas veces me olvido de apagar as luces, non desenchufo os enchufes, non apago as regletas… e cambiando todo iso conseguiría aforrar moito.
    Eu á visita daríalle un 9, estivo moi ben, pero houbo partes, como a da historia, que as faría un pouco máis curtas, e deixaria un pouco de tempo entre actividade e actividade para que non fora tan canso, pero aprendin moito, e axudoume a repasar o que xa sabía.

    Gústame

  2. Pedro Rguez di:

    1º- A saida a Sotavento gustoume bastante en xeral pero os 4 puntos que resaltaría serían estes: 1- Parceume moi impresionante que cunha casa orientada cara un punto cardinal e cunhas cousas dentro dela de enerxía ao ano só se consumise uns 350 € ao ano. 2- Que os aeroxeradores foran tan grandes deume unha gran impresion e penso que telos levado ata alí foi un grandísimo esforzo. 3- Paréceme mal que os gobernos e o de Gaclicia sobre todo con todas as enerxías renovables que hai, só usen un 18% destas enerxias, son moito menos contaminantes e son mellores. 4- Non cría que o parque fose tan grande e cando o monitor díxonos que había uns aeroxeradores a 2 km me quedei alucinado

    2º- A aprendizaxe que obtiven na vivenda bioclimática foron varios xa que entendín e descubrín moitísimas formas de aforrar enerxía, auga, luz … tan só cunha orientación da casa, cun uso de determinados materiais e co reciclaxe da auga.
    3º- O consumo de enerxía que fago diariamente normalmente é este: primeiramente encendo as luces da miña habitacion e do corredor, logo as apago e encendo as da cociña, na cociña uso o microondas e a tostadora. Pola tarde xa uso o Wi-Fi, o ordenador e o iPad co que consumo bastante enerxía ( a tele apenas a vexo ). Si que creo que podería reducir pero só en determinadas cousas porque noutras é vital.
    4º- A ver, a visita sinceiramente me gustou bastante porque aprendín algunhas cousas que eu descoñecía e tamén o monitor ( non me acordo do seu nome ) era moi gracioso e moi riquiño polo que a visita ás diferentes zonas fíxose moito máis amena e divertida.
    Esta foi a miña valoración da saída.

    Un saúdo, Pedro Rguez

    Gústame

  3. Mateo Rodriguez di:

    Mateo Rodriguez 2 ESO B
    As catro cousas que máis me impresionaron foron: que houbese unha casa que faga as cousas ela soa, que os aeroxeradores puideson matar aves, que houbese pelotas que dependendo da súa cor indicasen unha situación ambiental diferente.

    Aprendizaxes sobre o aforro enerxético: aprendín que nesa vivenda toda a auga que se gasta nunha bañeira non se perde no sumidoiro senón que vai por un tubo e se reutiliza nesa vivenda.
    Outra cousa que aprendín foi que sempre tes que apagar e desenchufar a television da corrente porque así se aforran moitos cartos.

    Consumo enerxético do meu día a día:
    non deixar as luces acendidas cando non estou na habitación, se deixo de ver a tele apagala,
    non deixar correr a auga cando me ducho e non deixar a billa aberta cando me estou a cepillar os dentes.
    A miña valoración e 8,3 porque me gusto a casa bioclimática e tamén a forma de explicar dos monitores, e non lle dou un 10 porque non me quedaron claras algunas cousas.

    Gústame

  4. Javier Labrada di:

    1. Costou 16.000.000 euros,Galicia ten 3300 aereoxeradores, se paran a los 100KM, y no se mueven a menos de 10KM, marca más cara:made.
    2. Resaltaría que tiene un manejo mediante sensores y reduce la actividad física y las bombillas son led especiales
    3. Yo en casa gasto la luz necesaria para la vida y no cambiaría nada
    4. Fue una actividad interesante porque aprendimos nuevos conocimientos.7’5

    Gústame

  5. Brandán Álvarez di:

    A)-1-O prezo das non renovables
    2-A altura dos aeroxeradores
    3-Que estivera ao lado dunha central térmica(AS PONTES)
    4-A intelixencia dos españois?
    B)Resaltaría o do baño con luz natural
    C)Si,podería mellorar o meu consumo comprando unha neveira rentable e apagando o televisor de todo.
    D)Pareceume unha boa saída.Doulle un 7,porque foi boa ,pero paréceme que poderían explicar máis cousas.

    Gústame

  6. Marco Merino Teijejiro di:

    A)1-Que en Galicia só unha pequena porcentaxe da enerxía que empregamos é renobable.
    2-Que todos os combustibles fósiles usábanse para ferver auga.
    3-Que ao comezo a enerxía renovable é cara pero ao longo sae mellor ca os combustibles
    fósiles.
    4-Todas as desvantaxes dos combustibles fósiles:(contaminación,algunhas das maneiras de
    extraelo…)

    B)Eu resaltaría que temos que empregar moito máis a enerxía renovable e menos os
    combustibles fósiles (non deixalos de usar).

    C)Si, poderiamos usar máis a luz do día e abrir as ventás en vez de acender as luces, utilizar
    menos auga e usar a auga que xa aplicamos para lavarnos as mans para a cadena do retrete
    e desenchufar os “stand by´´( como os da televisión).

    D)Un 9, foi moi boa e entretida ,ademais,encantáronme os xeradores eólicos xa que son moito
    máis grandes do que aparentan.

    Gústame

  7. Lucía Dopico Almandós di:

    1-Unha das cousas que máis me chamou a atencion foi a cantidade de diñeiro que lle regalamos ao estado por non facer as cousas ben e con cabeciña.
    Outra cousa que me sorprendeu foi que o cargador do móbil , se non o desenchufas , consome enerxía.
    Tamén me gustou saber que en Galicia temos enerxías renovables e que a enerxía eólica polo menos a aproveitamos de algún modo.
    Por último outra cousa que me chamou a atención foi que houbera unha casa que non pagaba ningunha factura , nin da luz , nin de nada.
    2- O que resaltaría da vivenda bioclimática sería o modo no que utilizan a auga , é dicir , primeiro na billa poñen un bo perlizador que airee as augas , despois a auga que empregaron para lavarse os dentes ou as mans vai por uns tubos ata o váter. Así aforran moita auga.
    3- Na miña casa unha cousa que se fai mal e que gasta moita enerxía é por exemplo que non apagamos as luces cando non estamos nas habitacións , cousa que fai que o precio da factura aumente. Tampouco apagamos ben a tele e os nosos cargadores están todo o día conectados.
    4-A saída gustoume moito , pareceume que a xente que estaba alí sabían moi ben do que falaba e estaban moi interesados no tema , ademais trataronnós moi ben e foron moi amables. Tamén me gustou porque aprendimos cousas relacionadas co que estabamos a falar na clase e foi un bo repaso. Repetiria a saída xa que pensei que sería aburrida pero non o foi, fixoseme bastante curta.

    Gústame

  8. Xia Isabel Teijeiro Lugo di:

    A-1: entrar nunha vivenda bioclimática
    2:saber que apagando os aparatos eléctricos, se aforra moita enerxía
    3:ver o funcionamento das máquinas
    4:entrar nun aeroxerador e ver o seu interior
    B-:resaltaría a utilización do muro trombe para absorber a calor do sol para que chegue a quentar a casa. Utilízanse diferentes perlizadores na boca da billa. Utilización de lámpadas que non gastan tanto. Ventiladores no teito. Cun móvil ou aplicación podías abrir e pechar as fiestras. Usar pellets para así talar menos árbores.
    C-Ao ducharme pechar o grifo mentras me enxabono. Ao lavar os dentes, pechar a auga para aforrar. Apagar a televisión cando non se está utilizando. Utilizar a luz natural para usar menos a enerxía eléctrica e así non consumir tanto. Direille aos meus pais que hai que comprar un coche eléctrico para non contaminar tanto o medio ambiente.
    D-Pareceume unha visita moi educativa e interesante que a podo aplicar a miña vida diaria para non malgastar os recursos da natureza e agora aprendín que hai que respectar cada vez máis ao medio ambiente porque é bo para nós e o noso futuro. Impresionoume moito que os aeroxeradores tiñan que ser de cores como brancos, grisáceos, azuis claros, etc., para que se camuflen no ambiente no que están.

    Gústame

  9. Alvaro Virzi Gavilan (2ªB) di:

    a) 1.Temos as fontes de enerxia:Mar,Sol,biomasa,vento,ríos…Pero gástanse 1.000.000 de euros cada 10 minutos en enerxías non renovables.
    2.Que ten unha casa bioclimática,é dicir,que se aproveita do clima que hai nesa zona,é robótica,fai consumo responsable e aforra.
    3.Ten 25 aeroxeradores de empresas distintas.Xeran enerxía aproveitándose do vento.
    4.Que se non consumes tanta enerxía,aforras máis.

    b) Na casa bioclimática, aproveitanse os raios de Sol e restos de árbores para facer biomasa e poder calentar a casa-
    Eu non sabía que a cisterna tiña dúas partes: unha para a descarga parcial e a outra para a descarga total da auga.

    c) Podería mellorar o consumo enerxético do meu día a día: Non ver tanto a televisión,non ter moitas luces encendidas se non me fan falla e ducharme en vez de bañarme.

    d) Gustoume moito a saída. Un 10, porque entrei dentro dun aeroxerador, gustoume moito a casa bioclimática e porque me encantou estar tan preto dos aeroxeradores.

    Gústame

  10. Jorge Alonso Bernardez di:

    Sotavento

    O primero dato que máis me impresinou foi a vivenda bioclimática xa que me impresionou moito que se puidera facer unha casa tan ecolóxica e beneficiosa xa que non se tiña que pagar moito por ela.
    O segundo dato foi o da biomasa, ao principio non sabía o que era pero grazas a eles o entendín con moita claridade e pareceume un bo remedio, pero o mellor diso é que así, ademais de gañar electricidade tamén é unha boa excusa para limpar o bosque das ramas.
    O terceira dato que máis me impresionou foi o sistema que tiñan na estrada para que no inverno ademais de que se deixara pasar a luz solar tamén tiña a función de calefacción e no verán seguía dando luz pero xa non daba calor, impresionoume moito.
    Eo último dato que máis me gustou foi o poder entrar dentro do aeroxerador e saber como funciona, a única pega desta enerxía renovable é, ademais do impacto visual, todo o destrozo que se fai para montalos (camiños para que os camións traian as pezas).

    Eu resaltaría sobre todo, como xa dixen antes o sistema que tiñan na estrada para que no inverno, ademais de deixar que pase a luz solar, tamén teña función de calefacción e no verán siga deixando entrar luz solar pero que non sirva de calefacción.
    Pero tamén me gustaron outras cousas como: o chan radiante, o sistema natural de calefacción e refrixeración, as placas solares, o sistema de biomasa e todo o relacionado co consumo das augas.

    Eu creo que podería mellorar, no sentido do consumo enerxético, co tema das perlas do baño, que ata agora non me decatara dos problemas que podía chegar a dar. Tamén o tema do stand-by do televisor, eu o apago e tamén sabía o do consumo do stand-by pero non me decatara de todo o consumo que podía chegar a ter.

    Para min a visita estivo ao redor do 9’5 xa que non podo poñerlle un dez pola razón de que aínda que me gustou moito non era perfecto, pero aínda así explicábanno todo moi ben, deixábannos experimentar con case todo e axudoume moito a entender algunhas cousas de Física e Química, malia que a vaixe de ida e o de volta fixéranseme mooooooi longos…

    Gústame

  11. Dana Valdés di:

    A) A sociedade avanza e a Terra degrádase polo que é necesario que cambiemos nosos hábitos para contaminar menos, polo que temos que utilizar máis as enerxías renovables en vez das non renovables xa que son moito menos contaminantes, non se esgotan e a cantidade é ilimitada.

    Unha vivenda emite ao ano 2 toneladas de CO2 á atmosfera, un grave problema.

    Só o 3% da auga da Terra é doce, e menos do 1% é accesible para o uso humano: se te duchas en vez de bañarte aforrarías 150 litros de media por cada baño.

    Utilizar lámpadas de baixo consumo, xa que duran moito mais cás normais e consomen menos enerxía.

    B) Na visita á vivenda bioclimática aprendín moitas cousas:

    · No baño: utilizar na billa do lavabo un perlizador de boa calidade para consumir moita menos auga, e aproveitar a que se perde no baño para o uso da cisterna.

    · En xeral: utilizar solo radiante xa que é ” máis san” , utilizar pellets ( biomasa ) porque producen menos CO2. Utilizar paneis solares térmicos e fotovoltaicos na zona sur, oeste e leste. Orientar a casa ao sur e poñer as habitacións que menos se utilizan no norte e as que máis ao sur; menos salón que ten que estar no centro. Colocación de láminas no porche para que cando os raios de luz entren, reboten na agua do estanque á terraza e así quente a casa. Utilización do muro trombe ( aproveitar o sol para quentar a casa ).

    C) Si, eu creo que si que podería mellorar o consumo enerxético que fago día a día, por exemplo: reutilizar e reciclar os obxectos, roupa, alimentos, etc., utilizar máis o transporte público en vez de utilizar coches, apagar as luces cando non se necesitan, utilizar a ducha en vez da bañeira…

    D) A visita gustoume moito. Pareceume moi entretida e moi interesante, xa que das cousas que nos dixeron non as sabía. Os monitores que nos explicaron todo fixéronno moi ben e o contido estaba moi ben feito e explicado. De nota póñolle un 9, así que noraboa!

    Gústame

  12. itziar liz 2ºB di:

    1-pareceume interesante…
    -que só usemos un 5,9 por cento de enerxías renovables puidendo utilizar un 100 por cen e contaminando menos en España
    -pareceume moi interesante a casa que só usa enerxía renovable e nada máis.
    -E gustoume moito a casa bioclimática que usa todo o ano a enerxía solar para a climatización da vivenda durante todo o ano
    -e que aproveiten todo o espazo como o teito para poñer placas solares e transformar a luz solar en electricidade.

    2-Pois eu quedeime con que se nos propoñemos aforrar enerxía o podemos facer moi facilmente, tanto comprando a peza metálica para a billa e aforrar auga , como desenchufando os cargadores do móvil.
    3-podemos aforrar enerxía aproveitando o auga da chuvia e a que nos sobra ao ducharnos para tirar da cisterna.Desenchufar todos os aparellos electrónicos.Usar a luz solar para quentar as habitacións….
    4-Gustoume moito a visita porque lembramos moito sobre aforrar enerxía , descubrimos datos interesantes, a xente era moi amable…
    Eú poríalle un 9 porque foi moi boa e gustoume moito pero non chega a un dez porque a verdade que nos faltou tempo e ían algo apurados.

    Gústame

  13. hugo rodriguez di:

    a) – A gran cantidade de enerxía que xeneran os parques eólicos
    – Tamén impresionoume como era o mantemento
    – A pouca cantidade de aeroxeradores que tiñan e a cantidade de enerxía que xeraban
    – Impresionoume tamén a cantidade de métodos que hai para usar enerxías renovables na casa
    b)
    – Resaltaría como usaban as condicións meteorolóxicas e o terreo físico da zona para o seu
    beneficio.

    c) – Eu tento sempre usar enerxías renovables, pero coma non é moito da miña elección, se non
    dos meus pais. Eu intento aforrar auga e outras cosas, inda que se me fai difícil.
    d)
    – Daríalle un 9 á saída, porque estivo moi interesante, tratáronos ben, deixáronos participar, e
    estivo entretida.

    Gústame

  14. Claudia Durán di:

    a)Emprégase máis enerxía non renovable que renovable aínda que sería mellor empregar as renovables.
    As fontes de enerxía máis utilizadas son o petróleo e carbón para o consumo eléctrico.
    Consumimos moita enerxía cos electrodomésticos mal apagados que poderiamos aforrar.
    Estamos a traer a España e a pagar por eles, mentres que aquí hai pelets , que poden utilizarse igual.

    b)Gastamos moito diñeiro e enerxía por ter electrodomésticos mal apagados e non os estamos empregando ( televisión…)

    c)Poderiamos usar o enchufe múltiple e así apagar todos os electrodomésticos comodamente e non gastar diñeiro nin enerxía.

    d) Pareceume unha visita importante, por que aprendimos a consumir de maneira responsable a enerxía e polo tanto eu valóroa cun 8.

    Gústame

  15. A) Chámoume a atención en canto ao consumo de enerxía:

    -Segundo a zona xeográfica onde vivas se consume máis ou menos enerxía, por exempo: A zona de Galicia onde vivo, Vigo o consumo enerxético é maior que nunha cidade do mediterráneo como Valencia porque temos menos horas de sol.
    -Consúmese moita enerxía utlizando os vehículos particulares en vez de utilizar o transporte público.
    -Canto mais alto é o nivel de vida das familias o consumo enerxético aumenta porque teñen por exemplo, dous coches, moitos electrodomésticos etc.
    -O alumbrado excesivo dalgunhas cidades.

    B) Da vivenda bioclimática chámoume a atención todo o que tiveron en conta para construíla: os ventos, a temperatura do lugar, a radiación solar, os materias de construcción…
    Tamén me chamou a atención que todos os electrodomésticos da casa funcionaran só coa a enerxía do vento.

    C) O meu consumo enerxético podería mellorar:
    Non utilizar o ascensor.
    Aproveitar a luz do día para facer as tareas.
    Apagar o ordenador cando non o utilizo.
    Non ensuciar moito a roupa para non ter que poñer moitas lavadoras.

    D)A visita valóroa cun 10 porque foi moi interesante todo o que vi e nos explicaron.
    Fíxome pensar que todas as persoas facendo pequenas cousas podemos aforrar moita enerxía e así non destruír a naturaleza.

    Gústame

  16. Helena Montenegro di:

    Impresionoume moito que temos moitos recursos que son limpos, pero en troco empregamos outros que contaminan máis.
    A casa bioclimática foi algo novo para nós e resalto que non precisaba case electricidade para funcionar . Tamén nos ensinaron que apagando por completo os aparatos electrónicos ,aforramos moito xa que gastan máis que prendidos. A casa bioclimática aproveitaba toda a luz do sol que pudiese ser posible, para despois empregala noutras cousas .

    Eu creo que non destrago a electricidade, facendo cousas tan simples como desconectar os cargadores cando no están cargando nada ou fechando a billa e non deixar correr a auga .

    Á saída doulle un 9 xa que aplicamos o aprendido no clase e ensináronos cousas novas e útiles.

    Gústame

  17. Álvaro Bouza López di:

    Álvaro Bouza López 30-3 2ºB

    A) Creo que o que máis me impresionou sobre o consumo de enerxía foi:
    -A existencia do consumo pantasma e o alto desperdicio de enerxía que xeramos ao producilo.
    -Como diferentes modelos dun mesmo aparello eléctrico (por exemplo, un frigorífico), incluso da mesma marca, pode variar tanto en relación ao custo/consumo. De forma que ao longo a sae máis vantaxoso comprar o máis caro e de baixo consumo, que o máis barato e de alto consumo.
    -As diferentes formas de calefacción que pode ter unha vivenda e como desperdiciamos case todas as persoas a calor utilizando medios pouco eficientes.
    -Diversos datos sobre os aeroxeradores (como por exemplo: como se orientan cara o vento, datos ao respecto de seu mantemento, razóns polas que un aeroxerador pode estar parado,etc.)

    B) A aprendizaxe que máis me impresionou e que resaltaría da casa bioclimática foi a colocación das habitacións de forma que se aproveita mellor a enerxía en forma de calor procedente do sol. Como colocar os dormitorios orientados cara o leste (lugar por onde sae o sol) e o salón de estar cara o oeste (lugar por onde se oculta o sol)

    C) Sinceramente dende que asistín á saída, sempre procuro, cando vexo unha luz prendida na miña casa, apagalas para aforrar enerxía. Antes de iso apenas me molestaba en facelo, ou non con tanta frecuencia como agora, e as deixaba prendidas.

    D) Nota: 10/10 A saída gustoume moito tanto en aprendizaxes como en entretenimento. Ademais ao poder separnos en 3 grupos facilitou moito a visita e a que non se fixera tan pesada.

    Gústame

  18. Roy Martínez di:

    A) Os catro datos que me resultan máis relevantes en canto ao consumo de enerxía son:

    – Que haxa tanta diferenza de consumo entre as bombillas LED e as normais.
    – Que a suciedade baixe a eficiencia dos aeroxeradores cada certo tempo.
    – Que antigamente as casas se orientaran cara ao leste, porque era por onde saía o sol.
    – Que haxa veces que os aeroxeradores teñan que pararse debido ao exceso de enerxía.

    B) Resaltaría a reutilización da auga da choiva para encher a cisterna do WC.

    C) Non, non creo que puidera minimizar o meu consumo enerxético, porque creo que xa fago moito por aforrar enerxía.

    D) A visita pareceume moi interesante a nivel pedagóxico, porque penso que nos vai axudar no próximo exame que fagamos, dado que é sobre as enerxías.
    Valoro a visita cun 7’5; dado que o lugar se atopaba moi lonxe, e penso que poderían explicarnos algo máis sobre os aeroxeradores.

    Gústame

  19. Marcos García-Trejo Novoa di:

    Apartado A):
    1 Impresionoume a altura dos aeroxeradores.
    2 Un xenerador grande pode dar luz a unhas 500 vivendas.
    3 A enerxía eólica é renovable,non contamina e reduce o consumo de combustibles fósiles.
    4 Dependendo de como está situada a vivienda bioclimática, aprovéitase tódolos recursos naturais para obter enerxía.

    Apartado B):
    Resaltaría da visita à casa de aforro enerxètico, as placas nun lado da casa que evitaban que os raios solares quentaran a vivenda no veràn.
    Aprendìn moito sobre a caldera de pelets, que é moito menos contaminante.

    Apartado C):
    Eu penso que podería mellorar o consumo enerxético na miña casa, por exemplo, apagando as luces da miña habitación cando fai sol, ou desconectando os cargadores pola noite.

    Apartado D):
    A visita pareceume interesante e efectiva, pois quedoume claro que, coas enerxías renovables, poderíamos vivir sen dañar o medio ambiente e cun pouco de esforzo, podo axudar na miña casa a reducir o gasto enerxético.
    A miña valoración é de un 8, xa que a viaxe foi moi longa e algunhas explicacións na visita parecéronme un pouco aburridas.

    Gústame

  20. Carla di:

    Creo que o que resaltaría da saída sería todos os datos que nos deron sobre a casa, cousas que tes ti no día a día, e explicarnos canto consumía, se era malo ou bo…. como podíamos facer para consumir menos, os experimentos que tiñan alí para que aprendésemos e o que me pareceu máis impresionante foi cando nos ensinaron o arexerador por dentro.
    Sorprendeume canta enerxía usamos sen pensar cal sería a mellor ou pararnos a pensar como se pode mellorar para o medio ambiente, e moita da enerxía que “usamos” a derrochamos. Sorprendeume o dato de que se a televisión está enchufada consume se nin se quera vemos o televisor. Creo que a visita serviume para moito porque non tiña nin idea de canta enerxia usaba nin cal consumía máis ou menos. Despois desta saída mellorarei o meu consumo e por iso lle dou un 9.

    Gústame

  21. Santos Rodríguez Araújo di:

    A)

    Impresionoume a maneira na que o ser humano desperdicia enerxía só polo descoñecemento que ten do tema.

    Tamén os datos (cantidades) de persoas que malgastaban a enerxía diariamente,semanalmente, anualmente.

    Como se emprega a enerxía nas nosas vidas cotiás e canta adoitamos empregar.

    Todos os efectos medio ambientais que provoca o mal emprego das enerxías e a súa obtención.
    B)
    Resaltaria, o que a min me fixo máis reflexionar, o dato do consumo de enerxía ao deixar os enchufes enganchados aínda que non estean alimentado a ningún aparello.
    C)
    Creo que podería melloralo debido a que como xa falei antes non tiña constancia do dato dos enchufes e o mesmo co demais. Creo que debería de ter unha mellor organización na maneira de empregar os elementos electrónicos que controlo diariamente.
    D)
    A visita pareceume moi educativa e doadísima para persoas da nosa idade, divertida, visual e concienciadora. Doulle un 9/10 porque me gustou moitísimo todo pero creo que faltou un pouco da nosa participación.

    Gústame

  22. Pedro Parga Martinz di:

    Os meus comentarios son:

    a) 4 datos que máis me impresionaron foron:
    -a enerxia renovable só é un 17% do total da enerxía que consumimos en Galicia.
    -Galicia é un territorio cun vento estable que podería xerar máis enerxía renovable que na actualidade fai.
    -O aereoxenerador de maior altura está en Alemania e mide máis de 100 metros.
    – O interior de aeroxenerador era imponente

    b)A miña aprendizaxe sobre o aforro ambiental foi que a enerxia renovable é o futuro, é unha enerxia que nunca se esgota e que non contamina como o fai o resto das enerxías.

    c)Como podo mellorar o meu consumo enerxético? No meu caso vou tratar de apagar as luces cando non son necesarias, e pechar a billa cando estou na ducha ou cando me estou a lavar os dentes.

    d) a visita ó Parque de Sotavento foi unha das excursións mais interesantes que fun na miña vida, doulle un 10 porque aprendín moitas cousas e ademais é algo que me interesa moito para cando sexa maior poder traballar en algo relacionado coas enerxías renovables.

    Firmado
    Pedro Parga

    Gústame

  23. María di:

    A) Utilizaron enerxías renovables eficaces
    podes aforrar
    levar unha mellor vida sen cousas prexudiciais
    mellorar a Terra
    B) Está nunhas condicions óptimas de habitabilidade no seu interior. Case non hai enerxías non renovables se non por sistemas enerxéticos renovables e eficientes.
    C) Podo mellorar por exemplo coas luces led que gastan menos e son mellor ou poñendo unha cousa na billa do grifo para que saia menos auga, etc
    D)En xeral a saída gustoume porque aprendín cousas novas tanto dos aeroxeradores como das cousas que podo facer para facer un consumo de enerxía responsable. Póñolle un 7´5.

    Gústame

  24. esteban rodriguez di:

    1. En Galicia consómese un 82 porcento de enerxía non renovables e un 18 por cento de enerxías renovables. La dependencia energética del petróleo en España es muy alta siendo la principal fuente de energia se importa y la reserva de este se estima para unos 50 años cada vez consumimos mas energia a este ritmo dentro de 35 años se duplicara el consumo mundial de energia. El consumo de energia del consumo de las famalias españolas es el 30 porciento de energia del consumo del pais. En casa los aparatos que mas consumen energia son el frigorífico, lavadora, standby y la tele.

    2. Aforro e eficiencia enerxética sobre a vivenda bioclimática. A casa utilizaba enerxía renovable, como aforro enerxético e para contribuír o medio ambiente. Mediante paneis solares obtíñase a enerxía do sol para la iluminación y energia para los electrodomésticos. O calor de la calefacción obteniase utilizando una caldera de biomasa para calentar os pelets, en la caldera produciase agua caliente para la casa además tenia un buen aislamiento con las ventanas dobles de cristal y los marcos tenian rotura de ponte térmica. Un buen diseño bioclimático pude coseguir ahorrar un 70 porciento en la climatización y la iluminación del hogar. La casa para ahorrar el consumo del agua tenia un mecanismo de recollida de la lluvia para uso de la agua sanitaria y la agua usada recogiase para los inodoros.

    3. Yo creo que puedo mejorarlo por que hago algunas cosas como dejar el grifo abierto o estar demasiado tiempo en la ducha. Cosas a cambiar por ejemplo: no dejar la luz encendida mucho tiempo, cerrar el grifo para no gastar agua y poner un ladron en mi casa para ahorrar energia.

    4. Me gusto mucho porque nos enseñaron cosas para mejorar el mundo donde vivimos yo le doy un 9 a la visista a sotavento.

    Gústame

  25. Martín Figueroa Andrés di:

    A) – As lámpadas incandescentes e LED
    – A cadea do W.C. (os diferentes botóns)
    – As “estufas” que se atopaban no chan da vivenda
    – A orientación da casa en canto o Sol

    B) Resaltaría todo, pero o que máis me sorprendeu foron as “estufas”, xa que era lóxico, a calor tende a viaxar cara arriba polo tanto haberá que colocar as estufas preto do chan, non na parede nin no teito.

    C) Si, apagando as luces cando non as estou empregando, apagando ben a televisión, dándolle ao botón axeitado do W.C., empregando máis luces LED…

    D) A visita foi moi interesante e das mellores. Os traballadores do parque explicaban moi ben as cousas e sen alterarse, ademais tiñan bastante paciencia. Tamén vimos moitas cousas e os aeroxeradores estaban moi ben coidados. En xeral, unha moi boa saída. Nota: 9,5.

    Gústame

  26. Gonzalo Alvarez Alonso di:

    a)Hai 5 tipos de aeroxeradores diferentes,son capaces de abastecer de enerxía a toda Cangas máis ou menos, producen moita enerxía electrónica e impresionoume a altura dos aeroxeradores.
    b)A vivenda bioclimática encantoume, quero ter unha como esa de maior!!!
    Sorprendeume a boa e lóxica distribución das habitacións, as ventás están loxicamente colocadas e a calefación gustoume que sexa radial.
    O uso do sol para quentar cousas tamén me chamou moito a atención.
    c) Claro que creo que podo melloralo por exemplo accionando o botón pequeno na cisterna podemos aforrar 3 litros de auga potable. Apagando as luces cando saímos das habitacións e apagando a televisión no botón que hai nela, non desde o mando a distancia.
    d) Eu doulle á visita un 8,5, gustoume moitisimo e pareceume superinteresante o que contaban os monitores. Ademais aprendín a derrochar menos electricidade e a auga. Sen embargo o traxecto pareceume demasiado longo para o meu gusto.
    Bo día.

    Gústame

  27. sara di:

    Esta saída gustoume moito e impresionoume que puidese haber unha casa con só enerxía renovables. Por outra parte non creo que nin eu nin ninguén faga todo o necesario por ultilizar enerxía renovables, pero podemos cambiar, estamos a tempo. Pareceume moi interesante e sobre todo neste tema porque me pareceu que axuda ao exame e aporta información á vida. Póñolle un 9.

    Gústame

Deixar un comentario