Out to sea. O mar tamén ten amores (segunda parte)

 

Despois de traballar na escola sobre o mar, os seres vivos que os habitan, os perigos e o beneficioso que é para nos, non só por nos dar osíxeno, mais tamén por nos proporcionar alimento, decidimos ir mariscar á praia de Cesantes, onde descubrimos como debaixo da area, viven animais (ameixas, berberechos) que podemos recoller para comer, pero tamén topamos vermes e por riba dela cangarexos, anguías, sollas, mexilóns… O noso primeiro contacto cun ecosistema delicado no que levamos décadas aproveitándonos dela sen dar roto o equilibrio. Algo así coma unha “horta” no mar. na que hai que ter unha técnica para desenterrar os moluscos, deixando os pequerrechos e recolectando os grandeiros.

O pase de diapositivas require JavaScript.

E como xa acordáramos, despois da merenda fomos dar un paseo pola praia. Ao principio parecía moi limpa, pero despois de recoller lixo ( só plásticos ) por dez minutos…

O pase de diapositivas require JavaScript.

E de volta a escola decidimos facer outro mural alternativo ao que xa fixeramos sobre o océano. O primeiro, limpo e cheo de vida, e o segundo todo cuberto de lixo, plásticos por todos lados e por suposto baleiro de vida, nin plantas nin animais. Mesmo algunha nena recomendou que pintaramos a auga de cor verdosa para indicar que estaba todo contaminado. E outro neno quería que puxeramos animais mortos atrapados entre os refugallos.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Pero, que mais poderiamos aprender da nosa experiencia do marisqueo. Pois que as veces non se comen as cousas recén collidas do mar, se non que se poden preparar para gardar durante moitos días ( salgando, afumando, conxelando…) e tamén enlatando.

Para iso, primeiramente viñeron explicarnos como se fan as latas. E mesmo nos serveu a experiencia que fixeramos hai tempo cos imáns, xa que utilízanos para pegar as partes que levan ferro. Ao final cada un levou chuches enlatadas.

O pase de diapositivas require JavaScript.

E despois fomos invitados a visitar unha conserveira, onde vivimos a experiencia da limpeza dos chipiróns e enlatado dos mesmos, así como observar todo o proceso dende que traen os productos do mar,  polbo, sardiñas, mexilóns…, incluidas as ameixas que foramos mariscar, ata que as levan en camións para vender. Visitamos tamén o laboratorio e degustamos algúns produtos.

O pase de diapositivas require JavaScript.

E xa de volta á escola falamos dun animal que vive no mar, que nos vai conectar coa nosa horta escolar…

 

 

Deixar un comentario